Aberto o prazo para limitar servizos por provincias ou concellos para substitucións no curso 25-26

Este prazo permite ao persoal substituto que non obteña unha interinidade no CADP solicitar restricións xeográficas nos seus posibles destinos en caso de substitucións.

Só para persoas con posto consolidado nas listas de substitución.

Prazo único: do 15 de xuño ao 15 de xullo, ambos incluídos.

Solicitude na aplicación web de Substitutos