Dende CCOO procederemos a reclamar, xudicialmente se é preciso, a integración a todos os efectos dos colectivos non contemplados na convocatoria (persoal interino, persoal funcionario en prácticas, persoas xubiladas…). Da mesma forma, demandaremos un complemento económico para o colectivo do profesorado de sectores singulares da formación profesional.
Isto non prexudica nin atrasa nada nin a ninguén. CCOO iniciou unha campaña de reclamacións hai dous anos, coa cal se acada unha gran reivindicación, con moito traballo e vencendo moitas trabas das administracións. Non é momento de enfrontármonos porque, ademais, debemos seguir loitando xuntos e xuntas polos nosos dereitos, polas nosas condicións laborais e pola Educación Pública.

