Relación definitiva de admitidos e excluídos das listas de especialidades PES e PTFP

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e do corpo de profesores técnicos de FP (591)

Resolución do 8 de marzo de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591) (código de procedemento ED003A).

As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.