Curso telepresencial de 14 horas para coñecer en profundidade os programas da acción educativa española no exterior e os seus procesos selectivos.
Unha formación práctica e especializada para o profesorado interesado en acceder a postos docentes ou de asesoría técnica no exterior, con análise de convocatorias, baremos, probas e entrevistas, ademais de experiencias reais de profesionais con traxectoria internacional.
Homologado pola Consellería de Educación e impartido por persoal experto con ampla experiencia nestes programas.
Telepresencial por Google Meet. 14 horas.
Horario:
- Sábado, 30 de maio, de 9 a 15
- Sábado, 6 de xuño, de 9 a 15
- 2 horas para unha actividade non presencial
Custo: de balde.
Prazas: 50
Prazo de matrícula: ata completar prazas
Homologado pola Consellería de Educación
Relatores
PEDRO REY RODIL (coordinador)
- Ex-Profesor Visitante en California. Ex-Asesor Técnico Docente en Washington DC
DAVID LÓPEZ GONZÁLEZ
- Asistente Técnico de Programas no Exterior do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
ROSA MARTÍNEZ FEITO
- Directora do Colexio español Federico García Lorca en París. Ex-profesora no Instituto Español Vicente Cañada Blanch, ALCE Londres e ex-profesora visitante en Londres.
ÁNGELA QUIRÓS COLUBI
- Ex-Profesora Visitante en Washington D.C. Ex-Profesora de ELE na Escuela Europea de Bruselas
MELISSA VALDÉS VÁZQUEZ
- Directora do Centro de Profesorado e Recursos Xixón – Oriente Asturias
- Ex-Asesora Técnico Docente en Alberta (Canadá) e Wellington (Nova Zelandia)
OBXECTIVOS
- Analizar a estrutura e características dos principais programas da acción educativa española no exterior.
- Coñecer os procedementos de acceso e os procesos selectivos vinculados ás distintas convocatorias de acción educativa no exterior.
- Identificar os criterios de valoración, probas e fases habituais dos procesos de selección para postos docentes e de asesoría técnica no exterior.
- Coñecer experiencias profesionais reais vinculadas ao desempeño de funcións docentes e técnicas no exterior.
CONTIDOS
- Estrutura e modalidades da acción educativa española no exterior: programas, tipoloxías de postos e ámbitos de actuación.
- Programas de mobilidade no exterior: características, requisitos e particularidades de cada convocatoria.
- Procedementos de acceso a postos docentes e de asesoría técnica na acción educativa española no exterior.
- Criterios de valoración e fases dos procesos selectivos: análise de baremos, probas e entrevistas.
- Experiencias e traxectorias profesionais de persoal docente e técnico en distintos programas da acción educativa española no exterior.

