Toda a información da xuntanza da comisión central de listas do 30 de abril de 2025 (Decreto 37/2006)

O día 30 de abril de 2025 ás 11.00 horas, celebrouse a xuntanzada comisión central de listas. Nela estudáronse e resolvéronse as reclamacións presentadas.

A) Reclamacións e recursos aos chamamentos:

Reclamacións listas persoal funcionario interino:

RECLAMACIÓNS 44
ESTIMADAS 17
DESESTIMADAS 12
INFORMADAS 2
PENDENTES 2
SOLICITUDES DE BAIXA 11

Reclamacións listas de persoal laboral temporal:

RECLAMACIÓNS 3
ESTIMADAS 0
DESESTIMADAS 0
INFORMAR 2
PENDENTES 0
SOLICITUDES DE BAIXA 1

Recursos:

RECLAMACIÓNS 8
INFORME FAVORABLE 2
INFORME DESFAVORABLE 6

B) Outras cuestións tratadas

  • Dáse conta de que en maio sairán publicadas no DOG as listas provisionais de admitidos e excluídos naquelas listas de contratación temporal do Decreto 37/2006 correspondentes a categorías que se funcionarizaron (publicada a apertura de prazo de presentación de solicitudes no DOG 14 de febreiro de 2025)
  • En maio publicarán a relación provisional de admitidos e excluídos das listas de contratación temporal do decreto 37/2006 dás distintas categorías de incendios.
  • Desde CCOO puxemos enriba da mesa unha recente sentenza do TSXG na que se recoñece o dereito dunha traballadora a que se lle recoñezan os servizos prestados nun concello independentemente da data na que estes fosen prestados e non exclusivamenteos do ano anterior á actualización.

Acordouse celebrar a próxima xuntanza da Comisión de Listas, se non hai cambios de última hora, o 28 de maio de 2025, ás 11:00 horas.