O 7 de marzo de 2025 tivo lugar a xuntanza da Comisión de persoal na que se trataron os seguintes puntos:
Proposta de Modificación da Relación de Postos de Traballo da Consellería de Economía e Industria.
O voto de CCOO foi a abstención. Aínda que se recolleron algunhas das alegacións achegadas por esta organización sindical seguen a manterse aperturas a outras administracións de determinados postos e se mantén o requisito de titulación en postos do A1 que debería ir como mérito e non como requisito imprescindible.
Dende CCOO tamén lle trasladamos que o sentido do voto poderá mudar en futuras RPT sobre todo si se trae a incorporación de determinados complementos como por exemplo o complemento B10 dos 4 postos de mestres de taller do Laboratorio Oficial de Meteoroloxía de Galicia que aínda non o están cobrando.
Rolda de intervencións
Procesos de estabilización Lei 20/21.
A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal informou de que nas próximas semanas comezarán a publicar no DOG as resolucións de elección de destino daqueles procesos correspondentes a categorías, escalas e especialidades nas que ou ben non hai convocados concursos de traslados ou nas que tampouco se vai a convocar.
Nos procesos nos que haxa concursos convocados se convocará e resolverá previamente o concurso e posteriormente se procederá a ofertar a elección de destino definitivo.
Convocatoria concursos.
A próxima semana informarán da data de publicación en DOG da resolución pola que se abre o prazo para acreditación de méritos e selección de postos do concurso de corpos xerais.
Entre marzo e abril iranse convocando os concursos das escalas nas que aínda non se convocou (escalas de servizos sociais, veterinarios, escala de limpeza e cociña…) e despois da súa resolución farase a elección de destino dos procesos da Lei 20/2021. Ante esta situación, a Directora di que non pode concretar unha previsión de finalización da estabilización ata non ter todos os concursos en marcha.

