Delegadas e delegados de CCOO-Ensino concéntranse diante do Parlamento de Galicia para esixir un ensino presencial seguro

CCOO-Ensino e as outras tres centrais sindicais continúan o seu roteiro cara a folga convocada para os días 10 e 16 de setembro e  animan ao profesorado a seguir amosando estes días nos Claustros e Consellos Escolares o seu rexeitamento a este protocolo, a facer concentracións diante dos seus centros educativos para reivindicar que se tomen medidas efectivas que eviten os contaxios na contorna escolar e fagan da volta á escola unha volta segura.