CCOO denuncia o pechamento da administración nunhas posicións que a evolución da pandemia que deben ser modificadas, dado que o propio MEFP esta a valorar a modificación das instrucións ditadas no mes de xuño para establecer un escenario semipresencial en determinadas etapas.
CCOO lamenta que CIG se arrogue a proposta da convocatoria dunha folga, cando tras as mobilizacións do mes de xullo nunha xuntanza de todas as organizacións sindicais con presenza na Mesa Sectorial comprometimonos todas as organizacióna a valorar esa posibilidade como unha das medidas a tomar se a situación do protocolo da COVID non se modificaba. Actitudes como esta non só confunden á comunidade educativa senón que poñen en perigo a unidade sindical.
CCOO-Ensino non descarta ningunha medida de manter a Consellería o seu posicionamento e valorara unha posible convocatoria de folga no inicio de curso.

