Toda a información da mesa sectorial do 13 de xuño de 2023
Consulta a nosa intervención
Orde do día:
- Prazas sometidas a convenio ou a programas específicos
- Anteproxecto de orde pola que se establece a figura da persoa coordinadora de benestar e convivencia nos centros docentes de Galicia
- Proxecto de orde pola que se amplía a relación de materias optativas do bacharelato e se establece o seu currículo
- Proxecto de orde pola que se elaboran listas de interinidades e substitucións para impartir docencia, como profesor/a especialista, no ciclo formativo de grao superior de Mobilidade Segura e Sustentable
Amais, con respecto á proposta da coordinación de benestar e convivencia recibida hoxe nesta Mesa Sectorial, CCOO emite unha nota de prensa onde denuncia a falta de compromiso da administración galega coa protección da infancia e adolescencia no sistema educativo. A proposta presentada pola Consellería de Educación é insuficiente e non garante a seguridade do alumnado e do persoal educativo. Exiximos un novo texto que atenda ás necesidades do noso sistema educativo e asignación de persoal específico. CCOO loitará pola educación segura e de calidade en Galicia. A administración debe asumir as súas responsabilidades.
E, en breve, abrirá o prazo do CADP. Tamén en breve, citarannos para a reunión avaliadora das comisións de servizo de saúde e conciliación familiar.

