O Comité Intercentros do Persoal Laboral da Xunta de Galicia convocou concentracións de delegados sindicais para hoxe fronte ao Edificio Administrativo de San Caetano e outra para o vindeiro 9 de xuño as 11:30 horas fronte os Edificios Administrativos da Xunta de Galicia nas capitais de provincias.
Concentración
Os principais motivos da concentración, son rexeitar as recentes medidas claramente electoralistas do PP de cara os empregados públicos e esixir a restitución dos dereitos cercenados tras cinco anos de políticas de recortes e austeridade.
Con este acto, o persoal laboral da Xunta de Galicia quere trasladar ao Presidente da Xunta as seguintes reivindicacións:
– Reversión da Lei 1/2012 de medidas no emprego público, especialmente no que se refire á suspensión do artigo 19 do Convenio Colectivo do Persoal Laboral.
– Restitución dos artigos do Convenio Colectivo suspendidos: 100% das retribucións en caso de IT, dereito a comedor, compensación do traballo en domingos e festivos, gratificación por xubilación.
– Recuperación do Fondo de Acción Social
– Recuperación do poder adquisitivo perdido nestes últimos anos (en torno a un 25%).
– Convocatoria inmediata do concurso de traslados nos termos establecidos no Convenio Colectivo.
– Recuperar una auténtica negociación colectiva que, fuxindo de intereses electoralistas, permita a restitución paulatina dos nosos dereitos económicos e laborais.

