CCOO esixe a incorporación do persoal de servizos educativos e complementarios ao acordo de consolidación de emprego

A Federación de Ensino pide que se modifique o texto que exclúe a este colectivo antes de que os Orzamentos sexan aprobados no Senado e anuncia mobilizacións en defensa dos dereitos dos traballadores e as traballadoras se as súas peticións son desatendidas.  

 

O Persoal de Servizos Educativos e Complementarios (PSEC) dos centros escolares arrastra porcentaxes de temporalidade que nalgunhas comunidades autónomas superan o 50%. Con todo, este colectivo, que atende directamente ao alumnado en escolas infantís, centros de educación especial, colexios e institutos realiza tarefas de apoio a estudantes, docentes e familias, será excluído do acordo de mellora de emprego público que, no sector educativo, supoñerá a convocatoria de máis de 130.000 prazas ata 2020 co obxectivo de reducir a porcentaxe de interinidade ata o 8%. 

Coa exclusión do PSEC do acordo de consolidación de emprego recolleito nos Orzamentos Xerais do Estado, traballadoras e traballadores seguirán suxeitos a unha taxa de reposición de efectivos que profundará na súa temporalidade e precarización. 

A Federación de Ensino de CCOO esixe a corrección do articulado que deixa fóra ao PSEC e dirixirase de novo aos partidos políticos para pedirlles que modifiquen o texto antes de ser aprobado no Senado. Así mesmo, na reunión que manterá nos próximos días, esixirá ao Ministerio de Educación a súa rectificación. 

No caso de que estas demandas sexan desatendidas, CCOO anuncia mobilizacións en defensa dos dereitos dos traballadores e as traballadoras.