Toda a información da mesa sectorial do 7 de marzo de 2023
[Actualización do 07/03/2023 15:27] engadidos rogos e preguntas.
[Actualización do 07/03/2023 15:27] engadidos rogos e preguntas.
Publicada na web da Consellería a resolución provisional do Concurso Xeral de Traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.
Publicada POR FIN na web da Consellería a resolución provisional do Concurso Xeral de Traslados do corpo de mestres.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela (Celga 1-4) e en Ponferrada (Celga 2-4).
As probas terán lugar en maio/xuño de 2023.
A igualdade é un plan que funciona Simone de Beauvoir dicía que «mediante o traballo foi como a muller puido franquear a distancia que a separa do home. O traballo é o único que pode garantirlle unha liberdade completa» e esta liberdade é difícil de conseguir sen autonomía económica. Non hai nada máis duro que unha muller maltratada que non … Ler máis
No Consello da Xunta de 2 de marzo, aprobouse un complemento salarial específico para compensar a 665 docentes do corpo Profesores Técnicos de FP que non poden integrarse no corpo de Profesorado de Ensino Secundario (PES). CCOO Ensino congratúlase por iso, pero déixase a súa sorte a outros colectivos. Ademais, a negociación das condicións salariais ten o seu ámbito na Mesa Sectorial e os interlocutores son as organizacións sindicais.
CCOO Ensino denuncia que non se pretenda estender o dereito ao complemento salarial ao profesorado interino con carácter retroactivo, como vai suceder co profesorado de carreira. Tampouco se estende aos compañeiros do corpo de sectores singulares da FP, nin ao profesorado xubilado despois de xaneiro de 2019.
Finalmente, CCOO Ensino reclama que tal complemento salarial sexa tamén extendido ao resto de persoal docente que permanece aínda en grupo A2.
Amplíase o prazo para resolver a convocatoria de acceso aos graos I e II do complemento de desempeño do posto e de carreira administrativa, convocado pola Orde do 25 de novembro de 2022, por un prazo de tres (3) meses.
CCOO considera que, se neste mes de marzo non se producen avances na reposición de dereitos suprimidos ás persoas traballadoras do ensino concertado, tal como se acordou na Mesa Tripartita do Ensino Concertado do 16 de decembro de 2022, a mobilización do sector será unha esixencia inescusable.
Os traballadores/as da concertada galega á cola do Estado.