CCOO denuncia a posible vulneración da negociación colectiva e a falta de transparencia na creación do complemento salarial para o PTFP

No Consello da Xunta de 2 de marzo, aprobouse un complemento salarial específico para compensar a 665 docentes do corpo Profesores Técnicos de FP que non poden integrarse no corpo de Profesorado de Ensino Secundario (PES). CCOO Ensino congratúlase por iso, pero déixase a súa sorte a outros colectivos. Ademais, a negociación das condicións salariais ten o seu ámbito na Mesa Sectorial e os interlocutores son as organizacións sindicais.

CCOO Ensino denuncia que non se pretenda estender o dereito ao complemento salarial ao profesorado interino con carácter retroactivo, como vai suceder co profesorado de carreira. Tampouco se estende aos compañeiros do corpo de sectores singulares da FP, nin ao profesorado xubilado despois de xaneiro de 2019.

Finalmente, CCOO Ensino reclama que tal complemento salarial sexa tamén extendido ao resto de persoal docente que permanece aínda en grupo A2.

‌ Nota de prensa

Desestimación de solicitudes de carreira administrativa e complemento de desempeño de posto (PSEC)

‌ RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2023 pola que se inadmiten as solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira administrativa para o persoal funcionario.

 

‌ RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2023 pola que se inadmiten as solicitudes de  recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de complemento de desempeño do posto para o persoal laboral.

Ampliación de prazo para resolver o acceso aos graos I e II do complemento de desempeño do posto e de carreira administrativa (PSEC)

Amplíase o prazo para resolver a convocatoria de acceso aos graos I e II do complemento de desempeño do posto e de carreira administrativa, convocado pola Orde do 25 de novembro de 2022, por un prazo de tres (3) meses.

‌ RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2023 pola que se declara a ampliación de prazos no trámite de resolución do procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa para o persoal funcionario

‌ RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2023 pola que se declara a ampliación de prazos no trámite de resolución do procedemento de acceso aos graos I e II do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral