CCOO denuncia que as patronais de Atención a Persoas con Discapacidade pretenden lucrarse á custa dos salarios das persoas traballadoras
Ante o bloqueo da negociación do XVI Convenio Colectivo de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade, o sindicato interpón conflito colectivo ante a Audiencia Nacional, anuncia a próxima convocatoria de mobilizacións para esixir un proceso negociador real que aborde o mantemento do poder adquisitivo e advirte das consecuencias que para as entidades do sector pode ter a intransixencia negociadora das patronais.
