Mesa Negociadora do Convenio de Educación Infantil (20 abril)

O pasado 20 de abril volveuse reunir a Mesa Negociadora do Convenio de Educación Infantil coa intención de trasladar ás táboas salariais o acordo alcanzado no SIMA por todas as organizacións da Mesa excepto por CCOO. O ocorrido na reunión pódese interpretar como o enésimo intento por parte das patronais de desactivar a esixencia de CCOO de que, ademais de … Ler máis

CCOO ensino demanda unha xuntanza urxente coas consellerías de educación e sanidade para aclarar incógnitas do proceso de vacinación dos traballadores e traballadoras dos centros educativos

Presentamos escrito por rexistro para poñer data desta xuntanza. É prioritario aclarar por unha parte, cal vai a ser o plan a seguir no tocante á administración da segunda dose ao persoal que foi vacinado con Astrazeneca, xa que en pouco tempo se cumplirán as doce semanas desde a incoculación da primeira dose así como tentar de informar sobre os prazos previstos de vacinación dos diferentes tramos de idade de xeito que se saiba aproximadamente as datas correspondentes.

XVI Convenio Colectivo Xeral de Centros e servizos de Atención a Persoas con Discapacidade

O pasado 8 de abril celebrouse a primeira reunión da Mesa Negociadora na que CCOO manifestou a súa intención de profundar e consolidar os logros alcanzados no XV Convenio Colectivo. Desde o sindicato apóstase, en tempos convulsos, por unha negociación tranquila, sen precipitacións. Os precedentes históricos mostran a complexidade desta negociación e iso levounos a iniciar as conversacións moito antes … Ler máis