CCOO ensino demanda unha xuntanza urxente coas consellerías de educación e sanidade para aclarar incógnitas do proceso de vacinación dos traballadores e traballadoras dos centros educativos

Presentamos escrito por rexistro para poñer data desta xuntanza. É prioritario aclarar por unha parte, cal vai a ser o plan a seguir no tocante á administración da segunda dose ao persoal que foi vacinado con Astrazeneca, xa que en pouco tempo se cumplirán as doce semanas desde a incoculación da primeira dose así como tentar de informar sobre os prazos previstos de vacinación dos diferentes tramos de idade de xeito que se saiba aproximadamente as datas correspondentes.