Día: 31 Agosto, 2020
Hoxe presentouse en rolda de prensa o calendario de mobilizacións contra o Protocolo da COVID19 con xornadas de folga o 10 e 16 de setembro.
CIG, CCOO, STEG e CSIF convocamos mobilizacións e folga os días 10 de setembro en Infantil, Primaria e Educación Especial e 16 de setembro no resto de niveis educativos para seguir rexeitando esta imposición da Consellería.
