II Conferencia Confederal de Xuventude
O día 14 de febreiro a Federación de Ensino de CCOO celebrara a asemblea de rama que elixira as mozas e mozos menores de 31 anos que participarán na conferencia da FECCOO en Madrid o día 14 de marzo e na Conferencia de Galicia o 25 de marzo.
Estas serán previas á Conferencia confederal, que terá lugar en Madrid os días 17 e 18 de abril baixo o lema «Xuventude, en pé! Repensar. Cambiar. Actuar».
Para participar nestas asembleas é imprescindible a preinscrición a través da Secretaría de Organización da federación no seguinte FORMULARIO
