Publicada no DOG a relación de persoal aprobado nos procedementos selectivos

⚠ As persoas aprobadas deben presentar por medios electrónicos e dirixido á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos:
✅  certificado médico
✅  declaración responsable
✅  certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais (só no caso de non ter autorizada a consulta na solicitude de participación nas oposicións)

‌ Prazo de presentación da documentación: do 26 de agosto ao 20 de setembro

‌ ver DOG

Modificacións ao Acordo de acceso ás listas de interinidades e substitucións

 ‌Modifícase a forma de chamamento. CCOO-Ensino insiste en que esta modificación debe ir acompañada de chamamentos todos os días.

‌    Inclúese unha disposición transitoria que permite ao persoal que non rematou a inscrición nos procedementos selectivos de modo satisfactorio a permanencia nas listas.

‌ ver DOG coas MODIFICACIÓNS 

‌ver infórmaTE co sistema de CHAMAMENTOS