Mes: Maio 2019
Procedemento de comunicación dos partes de incapacidade temporal (IT)
A partir do día 2 de maio é obrigatoria a remisión dos partes de IT (baixa, confirmación e alta) ás xefaturas territoriais correspondentes ou a servizos centrais no caso do persoal que preste servizos nestes, exclusivamente de modo telemático.
CCOO-Ensino considera que se poden dar situacións nas que o traballador/a esté imposibilitado para o acceso á súa conta de correo corporativo, polo que presentou por rexistro unha solicitude para que se permitise a presentación en papel deses partes en determinados casos.
CCOO-Ensino rexeita a avaliación censal de 3º de primaria
Outro ano máis a Consellería repite a avaliación de 3º con carácter censal e por tanto facéndolla a todo alumnado.
Por que CCOO-Ensino rexeita esta avaliación:
- Porque posibilita e lexitima a repetición de curso como consecuencia da mesma
- Porque clasifica ao alumnado a unha idade moi temperá en base a un rendemento académico parcial.
- Porque deslexitima a función docente, estigmatizando aos centros e aos profesionais que neles traballan.
- Porque avalía contidos unicamente academicistas.
- Porque é un mero instrumento de fiscalización que anula a avaliación continua.
- Porque non está contextualizada e non se adapta á diversidade do alumnado
XII CONVENIO COLECTIVO DE ÁMBITO ESTATAL DE CENTROS DE ASISTENCIA E EDUCACIÓN INFANTIL
CCOO convoca mobilizacións contra a firma do convenio para partir do 11 de maio. VER INFÓRMATE
