URXENTE: A Consellería traslada a vacinación masiva do profesorado a partir de mañá mércores 24 de febreiro

CCOO-Ensino solicitou a vacinación de todos e todas as traballadoras do ensino. A Consellería manifesta  que neste momento o colectivo prioritario é o docente. CCOO esixiu a vacinación de modo preferente daqueles traballadores e traballadoras que teñen contacto directo co alumnado. 

Ademáis solicitamos que se estableza unha prelación dentro do colectivo e que todo o persoal que non ten docencia directa (liberados sindicais, persoal asesor, persoal de formación….) non teña preferencia sobre aquel que si ten contacto directo co alumnado

A Consellería traslada as seguintes cuestións con respecto á vacinación do profesorado:

  1. Orde de vacinación por orde alfabética
  2. Chamarase a menores de 55 anos
  3. A vacuna será a de AstraZeneca
  4. Avisarase por SMS ao móbil do mesmo xeito que cando se chamou para o cribado de inicio de curso
  5. O lugar da vacinación será na área sanitaria onde se traballe, non onde se resida
  6. O profesorado NON ESTÁ obrigado a vacinarse e preguntaráselle ao chegar ao centro onde está convocado para vacinarse. Levarase un rexistro do persoal que non se queira vacinar. Se co tempo cambia de opinión, poderase vacinar posteriormente.
  7. A segunda dose da vacuna, será nun prazo posterior de entre 10 e 12 semanas
  8. As persoas embarazadas poderán vacinarse se así o deciden
  9. As persoas en IT serán chamadas no momento que collan a alta
  10. Ás persoas maiores de 55 anos suministraráselle a vacina de Pfizer ou Moderna segundo haxa dispoñibilidade de doses destas vacinas