O día 30 de abril de 2025 ás 11.00 horas, celebrouse a xuntanzada comisión central de listas. Nela estudáronse e resolvéronse as reclamacións presentadas.
A) Reclamacións e recursos aos chamamentos:
Reclamacións listas persoal funcionario interino:
RECLAMACIÓNS 44
ESTIMADAS 17
DESESTIMADAS 12
INFORMADAS 2
PENDENTES 2
SOLICITUDES DE BAIXA 11
Reclamacións listas de persoal laboral temporal:
RECLAMACIÓNS 3
ESTIMADAS 0
DESESTIMADAS 0
INFORMAR 2
PENDENTES 0
SOLICITUDES DE BAIXA 1
Recursos:
RECLAMACIÓNS 8
INFORME FAVORABLE 2
INFORME DESFAVORABLE 6
B) Outras cuestións tratadas
- Dáse conta de que en maio sairán publicadas no DOG as listas provisionais de admitidos e excluídos naquelas listas de contratación temporal do Decreto 37/2006 correspondentes a categorías que se funcionarizaron (publicada a apertura de prazo de presentación de solicitudes no DOG 14 de febreiro de 2025)
- En maio publicarán a relación provisional de admitidos e excluídos das listas de contratación temporal do decreto 37/2006 dás distintas categorías de incendios.
- Desde CCOO puxemos enriba da mesa unha recente sentenza do TSXG na que se recoñece o dereito dunha traballadora a que se lle recoñezan os servizos prestados nun concello independentemente da data na que estes fosen prestados e non exclusivamenteos do ano anterior á actualización.
Acordouse celebrar a próxima xuntanza da Comisión de Listas, se non hai cambios de última hora, o 28 de maio de 2025, ás 11:00 horas.

