Toda a información da comisión de persoal do 5 de xuño de 2026

Punto único. Proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta proposta trae a creación de 341 postos nas distintas consellerías e a amortización de 170 (todos vacantes) e é consecuencia da necesidade de ter postos suficientes para dar elec-ción de destino e tomas de posesión ás persoas que superaron os correspondentes procesos selectivos, tanto ordinarios como de estabilización, dos grupos A1, A2, C1, C2 e agrupación profesional da Administración Xeral da Xunta de Galicia. Segundo a memoria xustificativa o obxecto da modificación é garantir que todas as persoas convocadas para a elección de des-tino poidan optar a un posto clasificado no seu subgrupo de pertenza.

Tendo en conta que esta modificación é un trámite necesario e urxente para poder axilizar e resolver as tomas de posesión dos participantes nestes procesos e co obxecto non diferir máis tempo a incorporación das persoas aos seus postos de traballo, o voto de CCOO foi A FAVOR.

Información facilitada pola DXEPAP

Respecto das problemática relacionada coa prelación nas eleccións de destino dos distintos procesos que se resolverán nos próximos días e nomeadamente no relacionado cos procesos de promoción interna, tendo en conta a normativa aplicable aos mesmos, a Directora de Emprego Público informa de que a disposición transitoria primeira da Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas punto 2, establece a seguinte secuencia nos actos de elección de destino e tomas de posesión:

  1. concurso de traslados.
  2. persoal que se atope prestando servizos en situación de adscrición provisional por novo ingreso.
  3. As persoas incluídas nos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021.

A directora tamén informa de que os ceses e tomas de posesión serán “simultáneos”.

Polo tanto, e aplicando o establecido nesta norma, e en aras da seguridade xurídica a orde
de actuacións será sucesivamente, do seguinte xeito.

  • A semana do 22 ao 26 de xuño publicarase no DOG a convocatoria de elección de destino.
  • Na semana do 13 ao 17 de xullo publicarán a resolución de nomeamento e adxudicación de postos. Nesta mesma resolución indicarase que o prazo posesorio comezará o 15 de setembro de 2026 (para non dificultar o goce das vacacións das persoas que as tivesen solicitado), polo que o cesamento terá efectos desde o día 14 de setembro. O prazo de toma de posesión será de 15 días (redución por trámite de urxencia).
  • Ao dia seguinte, 16 de setembro de 2026, publicarase no DOG a convocatoria para a elección de destino das persoas da promoción interna do 2023 que non ocupan unha praza aberta ao subgrupo ao que promocionaron. Os que participaron e obtiveron un posto aberto ao grupo superior, ou xa estivesen nun posto aberto, quedarán no mesmo posto aberto que viñan ocupando coa reclasificación correspondente por superar o proceso de promoción interna.
  • Na semana do 1 ao 7 de outubro: resolución de adxudicación de postos e toma de posesión.