Toda a información da comisión de persoal do 4 de xullo de 2025

O 4 de xullo de 2025 tivo lugar a xuntanza da Comisión de Persoal ordinaria na que se tratou o seguinte punto da orde do día:

Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e re-cursos naturais e forestais, especialidade de recursos naturais e forestais

O voto de CCOO foi a ABSTENCIÓN, xa que non tiveron en conta as nosas alegacións: non establecen o concurso-oposición como sistema de selección nin a promoción interna horizontal.

Rolda aberta de intervencións

A Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal comunica que, se retiran dúas escalas do concurso de facultativos ata que o persoal laboral fixo do Consorcio non remate o seu proceso de funcionarización as escalas ás que fixo referencia son as seguintes:

  • Subgrupo A2 de técnicos facultativos de educación infantil
  • Subgrupo C1 de axudantes de educación infantil.

Retiran así un total de 1075 prazas e polo tanto quedarían 1500 no concurso de escalas de política social.

Con respecto aos postos de participantes no concurso que se xubilan antes da resolución deste, estas prazas non se incorporarán as prazas de resultas xa que non formaría parte deste buzón por non ser o titular da praza en cuestión adxudicatario de ningunha outra.