Toda a información da comisión central de listas do 17 de xullo de 2024 (Decreto 37/2006)

O día 17 de xullo de 2024 ás 11.00 horas, celebrouse a xuntanza da comisión central de listas, nela estudáronse e resolvéronse as reclamacións e recursos presentados.

A) Reclamacións e recursos aos chamamentos:

Reclamacións listas persoal laboral e funcionario interino:

Resolucións

Nº 41
ESTIMADAS 20
DESESTIMADAS 10
INFORMADAS 11
PENDENTES 0

Recursos á listas de persoal laboral e funcionario interino:

Resolucións

Nº 1
FAVORABLE 0
DESFAVORABLE 0
INFORMAR 1
PENDENTE 0

B) Outras cuestións tratadas:

  • Comunicación á Comisión central, da actualización definitiva de méritos do ano 2023, que previsiblemente se publique antes do 15 de setembro.
  • Comunicación á Comisión central, da solicitude de baixa de 4 integrantes das listas.

Acordouse celebrar a próxima xuntanza da Comisión de Listas, se non hai cambios de última hora, o 18 de setembro de 2024, ás 11:00 horas.