Terceiro borrador para a modificación do Real Decreto do concurso de traslados

O Ministerio remitiu un terceiro borrador con algúns cambios e melloras técnicas, pero que non recolle a maioría das aportacións de CCOO ao anterior borrador.

Na reunión da Mesa Sectorial do estado do vindeiro xoves 9 de maio, desde CCOO imos volver presentar e argumentar todas as nosas propostas de modificación que non se tiveron en conta. Son especialmente importantes as que teñen que ver coa obriga de ofertar todas as vacantes nos concursos de traslados, os criterios de desprazamentos e determinados apartados do baremo.

Terceiro borrador para a modificación do Real Decreto