Adxudicación de destino definitivo, en virtude de concurso de traslados, ao persoal funcionario docente.
Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición, ante Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun mes a partir de maña, 19 de abril do 2022.
Lembramos que :
A apertura do único prazo de solicitude das comisións de saúde e de conciliación da vida laboral e familiar
Prazo: do 19 de abril de 2022 ao 2 de maio de 2022, ambos incluÍdos.
Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder ao enderezo https://www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada aplicación.
Normativa Comisións de saúde:
Orde de 28 de febreiro de 2020 (DOG do 9 de marzo de 2020)
Normativa Comisións de conciliación:
Orde de 15 de abril de 2019 (DOG do 30 de abril de 2019)