Publicadas as datas para as probas de obtención dos certificados de lingua galega Celga 1-4

‌ Resolución en DOG

As datas para a realización das probas son as seguintes:

  • Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
    • 13 de maio de 2023, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.
    • 14 de maio de 2023, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U.
  • Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 20 de maio de 2023, para todas as persoas admitidas.
  • Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 21 de maio de 2023, para todas as persoas admitidas.
  • Celga 1, en Santiago de Compostela:
    • 3 de xuño de 2023, para todas as persoas admitidas.

Os centros de realización das probas serán:

  • En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas Fraguas (Celga 4, Celga 3 e Celga 2) e a Escola Galega de Administración Pública (Celga 1).
  • En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade (Celga 4, Celga 3 e Celga 2).

As probas comezarán ás 09:00. A proba oral terá lugar o mesmo día que a proba escrita.