Prazo de presentación de solicitudes: dende o 28 de abril ata o 22 de maio de 2023, ambos incluídos.
Borrador da Orde, que será publicada en DOG o 27 de abril de 2023.
A Consellería convoca actividades formativas para o profesorado no estranxeiro para mellorar a súa competencia en comunicación lingüística en linguas estranxeiras e promover a internacionalización do sistema educativo. Dentro da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras Edulingüe 2030, promóvense diferentes plans e actuacións para mellorar a competencia comunicativa e ofrécense itinerarios formativos para revitalizar e potenciar contidos e aspectos lingüísticos. O Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE), que se convoca agora, é unha destas actividades.

