Primeiro de Maio 2024. Polo pleno emprego: reducir xornada, mellorar salarios

Educar tamén é transmitir que os dereitos hai que loitalos e defendelos.

As organizacións sindicais maioritarias no noso país, as Comisións Obreiras e a Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores, ante este Primeiro de Maio de 2024, situados nun ciclo e momento de recuperación e de conquista de dereitos, dos cales somos parte inherente, convocamos a cidadanía a participar en todos os actos e manifestacións do Primeiro de Maio para defender o gañado ata agora e continuar avanzando en novos retos laborais e sociais.

España necesita unha política industrial de Estado que cree emprego digno, estable e de calidade para garantir un futuro laboral sostible. Por iso debemos seguir avanzando na mellora da lexislación laboral.

Agora toca protexer o contrato de traballo, repartir marxes empresariais, seguir
mellorando emprego e salarios, reducir xornada e coidar a clase traballadora.

Viva o Primeiro de Maio!

Mobilizacións

Todas as mobilizacións, agás aquelas en que se indica o contrario, son conxuntas coa UGT.

  • A Coruña (acto central). Saída ás 12:00 da praza da Palloza ata a Delegación do Goberno.
  • Ferrol. Saída ás 12:00 do Inferniño (Porta Nova) ata a praza de Armas.
  • Santiago. Saída ás 12:00 da Alameda e remate na praza de Praterías.
  • Lugo. Saída ás 12:30 da rolda da Muralla ata a Subdelegación do Goberno.
  • Viveiro (só CCOO). Saída ás 11:45 da rúa de García Dóriga ata a praza da Fontenova.
  • Ourense. Saída ás 12:00 do pavillón dos Remedios ata a Subdelegación do Goberno.
  • Pontevedra (só CCOO). Saída ás 11:30 do Hospital Provincial ata a praza da Pedreira.
  • Vilagarcía. Saída ás 12:00 da praza de Ravella e remate no mesmo lugar.
  • Vigo. Saída ás 11:30 do cruzamento da Vía Norte con Urzáiz ata Montero Ríos.

Manifesto conxunto de CCOO e UGT polo Primeiro de Maio