Mobilización no ensino concertado

‌ Martes 25 de abril de 2023 ás 11:30, diante da Consellería de Educación, en Santiago de Compostela

CCOO, UGT e CIG convocan aos delegados e delegadas do sector a unha concentración ante a falta de compromiso da Administración coas persoas traballadoras do ensino concertado.

‌ Nota de prensa

‌ Cartel da convocatoria

Os sindicatos CCOO, UGT e CIG convocan os seus delegados a concentrarse diante da Consellería de Educación en Santiago de Compostela o martes 25 de abril para reclamar que a Consellería cumpra co comprometido na última Mesa Tripartita e sente a negociar cuestións tan importantes como a estabilidade laboral no sector do Ensino Concertado en Galicia.

Denunciamos que a situación dos traballadores/as deste sector en Galicia é inaceptable comparada coas demais Comunidades Autónomas.

Pedimos a mobilización e a participación na concentración para evitar o peche de unidades e a perda de postos de traballo.

Pola estabilidade laboral, MOBILÍZATE!

Para evitar o retroceso en dereitos, MOBILÍZATE!

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS