Data, hora e lugar para o primeiro exercicio da oposición de coidadores/as

Pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia Abanca (Silleda)

‌ Sábado, 8 de xullo de 2023, ás 16:00

‌ Anuncio (DOG)

‌ Listaxe de aspirantes e portas asignadas

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.