A Federación de Ensino de CCOO recriminou a Educación que a xuntanza da Mesa Sectorial do Estado de onte, chega tarde e incumpre os prazos cos que se comprometeu o MECD no seu anterior encontro para presentar as propostas de modificación do RD de acceso
Ademais o MECD presentou unha proposta de modificación transitoria do RD 276/2007 polo que se regula o acceso aos corpos docentes fixando os seguintes cambios:
A ponderación da fase de oposición sería do 60% e a da fase de concurso do 40% fronte aos 2/3 e 1/3 vixentes na actualidade
Dentro da fase de concurso increméntase a experiencia docente en dous puntos, propóndose as puntuacións seguintes:
- Experiencia previa: Máximo 7 puntos ( actualmente 5 puntos)
- Formación académica e permanente : Máximo 5 puntos
- Outros méritos : Máximo 2 puntos
O MECD anunciou tamén o compromiso de que se fará entrega ás OO.SS. dos borradores dos novos temarios o día 7 de novembro, coa intención de que entren en vigor até as oposicións de 2019.
Asemade o MECD rexeita a proposta de que as diferentes probas da fase de oposición non sexan eliminatorias
CCOO rexeita as pretensións do MECD e mantén a súa proposta que se concreta nos seguintes puntos:
- Mantemento dos temarios actuais no período transitorio
- Incremento do número de temas a elixir
- Valoración do peso da experiencia docente nos limites legais
- Probas non eliminatorias
- Melloras nas condicións de realizacións das probas
- Menor número de opositores por tribunal.
Ante o debate sobre o sistema de acceso, CCOO-Ensino ten comprobado estatisticamente que o elemento fundamental deste é o número de prazas que se ofertan. A máis prazas, máis profesorado interino se estabiliza e máis profesorado sen experiencia supera o proceso selectivo. Comprometemos a demandar o maior número posible de prazas na negociación da oferta.
CCOO-Ensino pon de manifesto que outras OOSS que están lanzando mensaxes e apostando por outros sistemas de acceso (dobre vía, restrinxidas …) non fan mais que manobras de despiste dado que calquera proceso por esas vías non ten cabida no ordenamento xurídico e constitucional. Con estas propostas pretenden evitar a súa responsabilidade sindical.
En Galicia CCOO quere lanzar unha mensaxe de tranquilidade ao colectivo de interinxs , pois súa estabilidade nas listas de contratación esta asegurada polo Acordo de Interinos asinado por CCOO e o resto das OOSS, agás CIG e STEG.
CCOO denuncia o desprezo que o Conselleiro de Educación , ten para cos representantes do profesorado ao anunciar en sede parlamentar as especialidades que pretenden convocar na vindeira OPE intentando invalidar así as negociacións na Mesa Sectorial que é o lugar onde se deberan tratar tanto o número de prazas como as especialidades a convocar.
Por todo isto desde CCOO-Ensino non se descarta o emprender as accións mobilizadoras que for necesario,