O 7 de outubro deste ano celebrarase o 10º aniversario da Xornada Mundial polo Traballo Decente (XMTD) que este ano se centra na recuperación salarial dos traballadores e traballadoras. A XMTD é unha mobilización convocada pola Confederación Sindical Internacional (CSI) que reivindica que o traballo decente debe ser un elemento central das accións gobernamentais para recuperar o crecemento económico e construír unha nova economía mundial que dea prioridade ás persoas.
No ámbito do ensino as medidas de recorte impostas polo Goberno Central provocaron o recorte de nove mil millóns de euros de investimento. O persoal docente sufriu esas medidas de recorte cun empeoramento das súas condicións laborais. O persoal docente traballa máis, atende a máis alumnado e ten peores condicións laborais que fai dez anos.
CCOO aproveita a XMTD para esixirlle ao Ministerios de Educación, Cultura e Deporte que derrogue os Reais Decretos dos recortes (RD14/2012 e RD 20/2012) que trouxeron consigo o aumento da xornada lectiva, a eliminación dos complementos por Incapacidade Temporal, a non substitución do persoal en baixas curtas, o non cobro do verán polo persoal interino, etc..
Ademais, o sindicato ve imprescindible a recuperar o emprego destruído cos recortes que se calcula en 20000 docentes a nivel estatal e negociar un Plan de emprego que permita ampliar os cadros de persoal e baixar as rateos.
A recuperación o poder adquisitivo do persoal docente é outra das esixencias de CCOO. Durante os anos de recortes o profesorado viu empeoradas as súas condicións salariais perdendo en torno a un 20% do poder adquisitivo.
A temporalidade disparouse na función pública docente pasando de taxas do 4,8% a superar o 13% no 2017. A sinatura do Acordo para mellóraa do emprego na función pública pretende reducir a temporalidade ao 8%. CCOO esixe ao MECD e as Comunidades Autónomas que convoquen todas as prazas necesarias e que negocien coas organizacións sindicais un modelo extraordinario de acceso que simplifique a fase de oposición e aumente o peso da experiencia na fase de concurso.
CCOO considera imprescindible a recuperación da negociación colectiva para reverter os recortes e mellorar as condicións laborais do profesorado.