CCOO-Ensino logra que se increménte o número de vacantes que se van a ofertar en dito concurso na Mesa de Negociación celebrada o día 3 de novembro entre a Subdirección Xeral de Persoal e as OOSS para tratar as vacantes do Concurso de Orientación e despois de estudar a proposta previa que esta organización remitíu á Consellería.
Esta Mesa celébrase tras o acordo acadado na Mesa Sectorial do pasado 24 de outubro, despois da denuncia dos numerósos erros nos anexos da orde do concurso de orientación presentado nesa mesa.
A Consellería manifesta ademais que corrixirán os erros, xa denunciados por esta organización, detectados nos anexos (duplicidade de centros en vacantes e resultas, vacantes xa ocupadas por persoal definitivo, centros que non figuraban no anexo de resultas …).
Asemade manifestan que publicarán nos anexos os centros adscritos en aras dun maior coñecemento da situación do profesorado que participe no concurso.
CCOO-Ensino considera un avance moi importante este incremento das vacantes fronte ao exiguo número inicial previsto pola administración e lamenta que se teña que ter producido esta negociación no ámbito da Mesa Sectorial pola inoperancia das Xefaturas Territoriais, que son o ámbito onde deberan terse negociado as vacantes.
CCOO-Ensino, non obstante, critica a incapacidade da administración para a confección da Rede de Orientación de Galicia, xa que están a levar máis de dous anos coa súa elaboración, polo que demandamos a súa inmediata publicación. A conformación dunha rede de orientación estable garantiría que se puideran catalogar un maior número de prazas de orientación nos centros de Galicia e unha maior seguridade na estabilidade das mesmas.