CCOO ensino asina a modificación do acordo de acceso ás listas de interinidade

Temos a obriga de modificar o Acordo de Interinos/as para adaptalo ao novo marco lexislativo laboral (Real decreto lei 32/2021), á Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público e aos cambios introducidos pola nova lei de FP.

O asinamento da addenda prodúcese por consenso das organizacións sindicais asinantes e lógrase o obxectivo principal: o mantemento das listas estables de forma indefinida, tal e como viña defendendo CCOO dende o principio.

Mentres outras posicións sindicais afirmaban que a Consellería presentaba unha proposta de addenda que ían aprobar sen cambios, CCOO fixo achegas que finalmente melloraron o texto presentado pola Consellería. Este acordo demostra a necesidade de negociar para conseguir melloras para os colectivos que representamos.

‌ Nota de prensa

‌ Valoración do acordo

‌ Infografía: verdades sobre a addenda do acordo de persoal substituto e interino

‌ Addenda ao Acordo do 20 de xuño de 1995

‌ Resolución no DOG do 13 de abril de 2023