CCOO-ENSINO, ANUNCIA A SÚA ÚLTIMA OFERTA Á CONSELLERÍA SOBRE A HOMOLOGACIÓN RETRIBUTIVA

O calendario que propón o sindicato sería o seguinte:

  • 35 € 1 de setembro de 2018

  • 35 € 1 de xaneiro de 2019

  • 30 € 1 de setembro de 2019

    Para acadar o acordo é imprescindible que a cláusula de garantía recolla que o estudo retributivo de todas as comunidades autónomas que activarán de novo a negociación de homologación, sexa competencia da comisión na que están as organizacións sindicais e polo tanto non sexa a administración quen teña a competencia ao respecto.

    A administración fai seguinte proposta:
    80 € mensuais co seguinte calendario de aplicación:

  • 10 € 1 de setembro de 2018

  • 15 € 1 de xaneiro de 2019

  • 25 € 1 de xaneiro de 2020

  • 30 € 1 de xaneiro de 2021

    CCOO-ensino da por rematada as súas propostas sen modificar a cantidade de 100 € mensuais e trasladando o último prazo de 30 € a 1 de xaneiro de 2020

    Advertimos que non faremos máis movementos e demandamos da Consellería que faga a súa última proposta e deixe de enredar unha negociación que xa debera estar rematada.

    A Administración advirte que na Mesa de mañá ás 10:30 presentará a última proposta, tamén advirte que si non hai acordo retirará a proposta.