Novas
CCOO ensino denuncia irregularidades na ABAU e esixe que se asuman responsabilidades na CIUG pola nefasta xestión da proba de Filosofía
RESUMO DA XUNTANZA DO CONSELLO GALEGO DE FORMACIÓN PROFESIONAL do 11 de Xuño de 2019
O pasado martes celebrouse a xuntanza do CGFP na que entre outras cuestións tratouse a oferta formativa de Formación profesional para o vindeiro curso académico.
Dada a premura de tempo coa que se nos trasladaron as ordes de oferta e despois de solicitar un adiamento da xuntanza por parte das tres organizacións sindicais presentes neste órgano e non ser concedido, valorouse a posibilidade de non acudir ao mesmo.
CCOO decide acudir á xuntanza por dúas cuestións, este non é un organo que compete unicamente á Consellería de Educación e ademais é o único foro no que se pode tratar a oferta formativa, dado que esta non pasa por outros órganos con presenza sindical. A ausencia ao mesmo impediría debater as cuestións relacionadas coa mesma.
CCOO rexeita, e asi o manifestou na xuntanza, as formas que se veñen repetindo ano tras ano de trasladar o debate da oferta formativa por parte da Consellería de Educación.
Concentracións Educación Infantil 0-3 anos, o 10 de xuño
-
VIGO: Escaleiras do marco ás 20:00 horas
-
A CORUÑA: Obelisco ás 19:30 horas
Licenzas por formación destinadas ao funcionariado docente non universitario para o curso 2019/2020
Prazos de preinscrición e inscrición:
– Preinscrición: ata o 12 de xuño (incluído). REQUISITO OBRIGATORIO
– Inscrición: ata o 21 de xuño (incluído).
CONSELLO GALEGO DE FORMACIÓN PROFESIONAL – 11 DE XUÑO DE 2019
OFERTA DE FORMACIÓN PROFESIONAL POLO RÉXIME DE ADULTOS
OFERTA DE FORMACIÓN PROFESIONAL RÉXIME ORDINARIO
Podes envíar as túas achegas a ensino@galicia.ccoo.es
O 5 de xuño, asemblea aberta para as traballadoras de Educación Infantil
Por un convenio xusto!
Por un ensino 0-3, 0% precario!
O 5 de xuño ás 20 horas nos locais de CCOO-Ensino en Teixugueiras 11, Vigo. Agardámoste!!
