CCOO-Ensino e o resto de organizacións sindicais con representación no Ensino esixen antes do inicio da Mesa Sectorial de hoxe a recuperación do horario lectivo de 18 e 21 horas

Con motivo da celebración da Mesa Sectorial de hoxe, CCOO e o resto de OOSS con presenza na mesma volven a esixir a administración a recuperación do horario lectivo de 21 horas en primaria e 18 horas en secundaria, continuando coas reivindicacións iniciadas desde o inicio de curso e que culminaron na folga do pasado 12 de decembro, e denuncian a falta de negociación da administración educativa galega

II Conferencia Confederal de Xuventude

O día 14 de febreiro a Federación de Ensino de CCOO celebrara a asemblea de rama que elixira as mozas e mozos menores de 31 anos que participarán na conferencia da FECCOO en Madrid o día 14 de marzo e na Conferencia de Galicia o  25 de marzo.

Estas serán previas á Conferencia confederal, que terá lugar en Madrid os días 17 e 18 de abril baixo o lema «Xuventude, en pé!  Repensar. Cambiar. Actuar».