CCOO gaña a demanda de prazas de gratuidade

 

O artigo 72 do convenio di que

Os fillos dos traballadores de todas as empresas afectadas polo presente convenio terán dereito exclusivamente á estancia e/ou ensino no Centro de maneira gratuíta ou a unha praza noutro Centro se a dirección daquel considérao oportuno, sempre que o número de alumnos nesta situación non exceda da seguinte cota por aula:

  • Aulas de nenos até 2 anos: 25% do número de alumnos matriculados.
  • Resto de aulas: 20% do número de alumnos matriculados.

A empresa, atendendo á súa organización e necesidades, poderá establecer o prorrateo do custo desas prazas gratuítas entre todos os traballadores afectados, cando se exceda da cota citada.

 

A pesar de que o artigo  non ofrece dúbidas interpretativas, esta empresa obrigaba á  traballadora a abonar a praza escolar do  seu fillo, incumprindo de xeito manifesto un dereito recollido en convenio. A pesar de terlle sinalado repetidamente a ilegalidade do seu proceder e terlle  solicitado formalmente que reconsiderase a súa decisión, a empresa rexeitou  sistematicamente a petición.

Diante da súa negativa a traballadora non tivo outra alternativa que reclamar os seus dereitos por vía xudicial.  Como era esperable, a  xustiza fallou a favor da traballadora e condenou a empresa a devolver as cantidades cobradas de xeito indebido e a abonar os intereses correspondentes.  

Laméntamos que se force as traballadoras a ter que reclamar por vía xudicial dereitos básicos e cuxa aplicación non ofrece dúbidas. 

CCOO denunciamos que hai empresas que suprimen dereitos sabendo que as traballadoras non darán o paso para reclamalos por vía xudicial. 

CCOO faremos todo o que estea da nosa man  e proporcionaremos todo o apoio ás traballadoras para evitar que a política do medo deteriore inda máis a xa de por si precaria situación  laboral  deste  colectivo.

 

COMISIÓNS OBREIRAS ESIXIMOS CONDICIÓNS DIGNAS  E  UN CONVENIO XUSTO PARA AS TRABALLADORAS  DA EDUCACIÓN INFANTIL DE 0-3 ANOS.