A área pública de CCOO asina co Goberno un novo acordo para estabilizar o emprego público

Plan de choque para reducir a temporalidade nas Administracións Públicas Logo de intensas negociacións nas últimas semanas, a Área Pública de CCOO xunto cos sindicatos UGT e CSIF, asinou onte o “Acordo sobre o Plan de Choque para reducir a temporalidade nas administracións públicas”. Os termos finais deste Acordo aseguran un proceso de estabilización onde figuren todas as prazas e … Ler máis

Chamamentos 1º exercicio procesos selectivos

Tribunal proceso selectivo no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores (subgrupo A2)

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos

Resolución do 10 de xuño de 2021 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir prazas de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

  • O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao desta publicación, e polo tanto comprende dende o luns 28 de xuño ata o venres 2 de xullo (ambos incluidos)