A área pública de CCOO asina co Goberno un novo acordo para estabilizar o emprego público

Plan de choque para reducir a temporalidade nas Administracións Públicas

Logo de intensas negociacións nas últimas semanas, a Área Pública de CCOO xunto cos sindicatos UGT e CSIF, asinou onte o “Acordo sobre o Plan de Choque para reducir a temporalidade nas administracións públicas”.

Os termos finais deste Acordo aseguran un proceso de estabilización onde figuren todas as prazas e establecen indemnizacións para todas las persoas que non acaden posto fixo, xunto con outras melloras para o conxunto das administracións, que se asemellan ao que dende CC.OO vimos construíndo e defendendo na USC a través da negociación nos últimos anos.

Reiteramos os obxectivos do acordo:

  • Rematar coa elevadísima temporalidade de nosas administracións, que afecta moi negativamente a todo o persoal temporal que non dispón da seguridade dun traballo fixo
  • Acadar que os procesos selectivos dispoñan de todas as garantías xurídicas e valórese ao máximo a aportación destas persoas durante os anos que estiveron prestando un servicio público
  • Mellorar as condiciónss de traballo do persoal interino e temporal

Resumo do Acordo firmado

Acordo firmado

Acordo no BOE