CCOO reclama do Reitor e da Xerencia o cumprimento efectivo dos compromisos co PAS

O pasado 10 de setembro, no acto de inauguración do curso, o reitor da USC anunciou a súa intención de presentarse novamente para o cargo. Manifestou, tamén neste acto, que as actuacións para dar cumprimento ao Plan plurianual dirixidas ao PDI se “completarán no 4º ano de mandato”. Indicando, a continuación, que “o dito debe servir tamén para o PAS”. … Ler máis

O conselleiro xustifica os recortes no ensino aducindo que xa non estamos en pandemia

Na intervención de onte no Parlamento, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, Román Rodríguez, recoñeceu que hai menos profesorado ca o ano pasado, comparando as cifras co curso escolar 2019-2020 (anterior á pandemia) no canto de facelo coas do curso 2020-2021. A Consellería, deste xeito, recoñece os recortes e o máis sorprendente é que recoñece que actúa coma se xa non existise a COVID-19, dándolle á razón a CCOO-Ensino, tal e como manifestamos na conferencia de prensa do pasado luns.

Publicado en DOG a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test funcionarización

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia esixe o mantemento nos centros educativos dos cupos docentes e do resto de persoal contratado no curso pasado

A Plataforma, integrada por CCOO ensino, FespUGT, Confapa galicia, IESGA sindicato de estudantes e Escola Viva, veñen de entregar escrito por rexistro dirixido ao Sr. Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en relación as medidas para garantir a seguridade e a saúde das/dos traballadores dos centros educativos, do alumnado e das súas familias pola COVID-19.

CCOO-Ensino afirma que a Consellería de Educación reduce o espazo entre o alumnado para recortar profesorado

A Federación do Ensino de Comisións Obreiras de Galicia afirma que a Consellería de Educación reduce de 1,5 a 1,2 metros a distancia interpersoal entre o alumnado co obxectivo de recortar profesorado, primando os criterios economicistas fronte aos sanitarios. A secretaria xeral de CCOO-Ensino, Luz López, lamentou que o Ministerio de Educación «renunciara a liderar» un proceso que era da súa competencia, permitindo que cada comunidade autónoma «faga o que lle veña en gana» no tocante ás distancias.

CCOO discrepa da maioría da Xunta de Persoal e pide acumular as prazas de bibliotecas nunha única convocatoria coa valoración do 40% na antigüidade

Concurso-oposición Auxiliar de Bibliotecas A sección sindical de CC.OO quere amosar, publicamente, a súa discrepancia co acordo maioritario da Xunta de PAS funcionario de solicitar á xerencia que saian dúas convocatorias separadas de concurso-oposición para cubrir as 20 prazas da Escala Auxiliar de Arquivos, Bibliotecas e Museos, incluídas nas Ofertas de emprego vixentes actualmente e pendentes de convocatoria. Segundo o … Ler máis

Celebracion dos segundos exercicios de procesos selectivos

Para o ingreso no corpo administrativo da administración xeral da comunidade autónoma de galicia, subgrupo c1 e do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo iii e categoría 062 do grupo iii de persoal laboral fixo e para o ingreso no corpo auxiliar da administración xeral da comunidade autónoma de galicia, subgrupo c2 e do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo iv de persoal laboral fixo, da
administración xeral da comunidade autónoma de galicia.