Ensino Público
Recoñecemento de novas especialidades no corpo de mestres
Durante o mes de xuño estará aberto o prazo para que o persoal docente funcionario de carreira do corpo de mestres que reúna os requisitos para a adquisición de novas especialidades que desempeñen as súas funcións nas etapas de educación infantil e de educación primaria
Toda a información da Mesa Sectorial do 01/06/2022
RESUMO MESA SECTORIAL 01/06/2022 Proxecto de Orde de modificación da Orde de 7 de xuño de 2018 Valoramos positivamente para centros e persoal provisional o adianto da resolución definitiva de CADP de corpos de secundaria a inicios de agosto e que coincida coa resolución do corpo de mestres. Consideramos que adiantar a restrición de provincia e zona e provincia un … Ler máis
Grazas a CCOO e ao resto de OOSS asinantes do acordo de interinos/as non será obrogatorio a presentación aos procesos selectivos
- Reunida na tarde de hoxe, día 30 de maio, a Comisión de Seguimento do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo DO PERSOAL DOCENTE INTERINO e SUBSTITUTO dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias, as catro organizacións asinantes do mesmo, CCOO, CSIF, ANPE e UGT
- Acordamos coa Consellería que se inclúa no texto da Addenda que a retirada da obriga de presentación aos procesos selectivos é a únicos efectos da permanencia en listas.
- Asemade, acordouse aprobar dita Addenda na Mesa Sectorial do vindeiro día 1 de xuño.
- Lembramos ao profesorado interino que dita excepción soamente é posible grazas á sinatura das catro organizacións asinantes do Acordo.
Mesa Sectorial 26 de maio de 2022: RD integración do Profesorado Técnico de FP no corpo de Profesorado de Ensino Secundario
Na Mesa Sectorial do 26 de maio co Ministerio de Educación tratamos o borrador de Real Decreto de Integración do PTFP no corpo de PES. Este borrador recolle: 19 especialidades pasan a estar integradas no corpo de PES. Outras 10 especialidades pasan a conformar o corpo de especialistas en sectores singulares da FP. Establécense as modificacións normativas necesarias para manter … Ler máis
Actualización de méritos do persoal laboral
Publicada no DOG a Resolución do 16 de maio de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2021 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia RESOLUCIÓN
Toda a información da Mesa Sectorial de 25/05/2022
Nesta mesa tratouse:
– Rogos e preguntas
Actividades de formación para o persoal laboral
Convocadas actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.
O profesorado interino non terá a obriga de presentarse aos procesos selectivos que se desenvolverán en xuño de 2022
COMUNICADO DE CCOO, ANPE, UGT E CSIF AO PROFESORADO INTERINO: (PREME PARA VER O COMUNICADO EN PDF)
- O profesorado interino non terá a obriga de presentarse aos procesos selectivos que se desenvolverán en xuño de 2022.
- Próxima publicación da addenda do acordo de interinos firmada por CCOO, ANPE, UGT, CSIF que establece a non obrigatoriedade de presentarse a oposición para manter o posto na lista de interinos.
