Ensino Público
Convocado o curso de formación para o desenvolvemento da función directiva no ano 2022
- O profesorado interesado en participar na convocatoria deberá realizar a inscrición na aplicación Fprofe: https://www.edu.xunta.es/fprofe, a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria e cun prazo de 10 días hábiles.
Modificación do Real Decreto 1364/2010 de Concurso de Traslados e contabilización do tempo de servizos como docente interina/o e en prácticas
O Ministerio de Educación e FP (MEFP) convocou de urxencia ás organizacións sindicais para dar cumprimento á sentenza 1081/2022 do Tribunal Supremo e que o tempo de servizo como interino/a docente e como funcionario/a en prácticas previo a adquirir a condición de funcionario de carreira sexa contabilizado nos concursos de traslados docentes. BORRADOR Texto modificación RD 1364-10
Prazas para o concurso de méritos (outubro 2022) e para o concurso oposición (verán 2023)
As seguintes táboas recollen as prazas de estabilización que se van ofertar mediante dous procesos diferenciados: Concurso de méritos: prevese para outubro de 2022. Concurso oposición (sistema transitorio): verán de 2023. As prazas son o resultado da negociación en Mesa Sectorial no último trimestre do curso 2022/23 ao abeiro dos criterios establecidos pola Consellería sen acordo sindical. Logramos incorporar un … Ler máis
Curso gratuito: A Fase de Prácticas no Ensino 1 en Coruña
- INSCRICIÓN
- Prazas: 40
- Horas: 12 horas
- Data de celebración: O 30 de setembro e 1 de outubro 2022
- Horario: O 30 de setembro de 16:30 a 20:30 horas. O 1 de outubro de 09:30 a 14:00 horas a 19:30 horas.
- Homologación: Solicitada homologación á Consellería de Cultura Educación e Orden. Univer.
- LUGAR CCOO: Unión Comarcal Coruña Av. Alfonso Molina, 90 KM2 3o 15008 A Coruña
A Xunta boicoteou a planificación dos centros para o comezo do novo curso
A Federación do Ensino de CCOO convocou este martes unha conferencia de prensa en que cualificou de «caótico» o comezo de curso en Galicia. «A Xunta boicoteou a planificación dos centros para o comezo do novo curso», denunciou publicamente José Fuentes, membro da Executiva de CCOO-Ensino. VER VÍDEO DA ROLDA DE PRENSA
Adquisición de novas especialidades para funcionarios/as de carreira do corpo de mestres
O prazo permanecerá aberto nesta convocatoria desde o 1 ata o 30 de setembro de 2022 de acordo coa disposición sétima da Orde do 23 de xuño de 2020 pola que se establece o procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres (código de procedemento ED020A) publicada no Diario Oficial de Galicia nº 131, do 3 de xullo. As … Ler máis
A Consellería de Educación engana ao profesorado en prácticas coa organización dun macroacto de carácter exclusivamente propagandístico
CCOO esixe unha rectificación inmediata á Consellería deixando claro o carácter voluntario da xornada e non teña a consideración de formación inicial cando non fora publicitado con anterioridade.
