Ensino Público
Publicado no DOG o procedemento para que o profesorado de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario
- Publicada en DOG a ORDE do 28 de outubro de 2022 pola que se convoca o procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario.
- O prazo para presentar solicitudes é do 10 de novembro ao 9 de decembro (ambos incluídos).
- As solicitudes deberán realizarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento ED021A).
CCOO esixe atención a toda a diversidade e facer realidade o dereito á educación de todo o alumnado
Propón que todo o alumnado con calquera necesidade de apoio educativo conte dobre a efectos de ratio.
Reivindica unha mellora nas ratios de PT, AL e compensación educativa e, ademais, que o alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe (DEA) estea tamén asociado a recursos adicionais de PT e AL, cunha ratio máxima de 12 a 1. É imprescindible tamén fortalecer a rede de orientación.
Asíemade, esixe máis recursos para unha adecuada atención aos problemas emocionais e de saúde mental de toda a comunidade educativa
Vacantes provisionais para o CXT (actualizado a 28 de outubro)
Iremos incorporando as novidades a medida que se vaian producindo nas respectivas reunións de negociación coas Xefaturas Territoriais.
Asemblea informativa sobre dúbidas de participación no Concurso Extraordinario de Méritos
Realizaremos dúas asembleas informativas sobre o Concurso Extraordinario de Méritos. O aforo é limitado e terán preferencia as persoas afiliadas.
Mesa Sectorial do 25 de outubro de 2022
Orde do día:
- Aprobación da acta da sesión celebrada o 3 de outubro
- Orde pola que se convoca o procedemento para integrar o corpo de PTFP no corpo de ensino secundario
- Anexo I
- Rogos e preguntas
CCOO reclamará por vía xudicial os sexenios en concertada
CCOO iniciou o procedemento para reclamar por vía xudicial a aplicación dos sexenios ao profesorado do ensino concertado galego.
Preguntas e respostas sobre o paso a PES do PTFP
Son funcionario/a de carreira PTFP e teño titulación universitaria. Vou pasar ao corpo de secundaria independentemente da miña especialidade? Si. Incluídos os das dez especialidades que quedan no corpo de especialistas en sectores singulares da FP. Que titulación universitaria teño que ter? Calquera grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica. Ademais, serve calquera destas titulacións independentemente da … Ler máis
