Publicada no BOE a orde de integración do profesorado PTFP no corpo de PES

Publicada a orde EFP/848/2023, de 17 de xullo, pola que, a proposta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Comunidade Autónoma de Galicia, se integra no Corpo de Profesores de Educación Secundaria ao persoal funcionario de carreira do Corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, a extinguir, en virtude do procedemento convocado por Orde do 28 de octubro de 2022.

 

Ver o documento publicado no BOE

Relación definitiva de persoas que superaron o concurso para postos de dirección e asesorías de CFR e CAFI

Relación definitiva de persoas que superaron ambas partes do proceso de selección e detalle das cualificacións obtidas en ambas partes do proceso recollido na orde pola que se convoca concurso público de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e asesorías do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.

‌Na web da Consellería