Ensino Público
Presentación do libro Apuntamentos históricos do movemento obreiro da Coruña.Chacón ás Comisións Obreiras.
Hoxe día 3 as 19:00 na caseta central da Feira do Libro terá lugar a presentación do libro Apuntamentos históricos do movemento obreiro da Coruña.Chacón ás Comisións Obreiras. Descarga a invitación
Resolución Provisional CADP Secundaria
CADP Secundaria: RESOLUCIÓN PROVISIONAL. Reclamacións e renuncias até o 02/09:
Aviso nómina de xullo para aqueles con erros no cobro da extra
Revisade ben a nómina deste mes, xa que todos e todas os que cobraron mal o mes pasado, onde estaba incluída a paga extra (os de Prácticas non recibiron o Complemento Específico e a algunhas persoas de Secundaria cobrárono de máis) , deberan velo corrixido neste mes. Pero OLLO! Na nómina de xullo están incluíndo a suba salarial do 1%, con efecto retroactivo dende o mes de xaneiro de 2017, o que pode levar a erros. Para calquera dúbida, consultade o noso resumo na ligazón ou escribide a ensino@galicia.ccoo.es
