Ensino Público
26 DE ABRIL – DÍA DA VISIBILIDADE LÉSBICA. L DE LESBIANA, L DE LIBERDADE
A Federación de Ensino de CCOO manifesta a necesidade de xerar espazos proclives á vivencia en liberdade das nosas alumnas e traballadoras lesbianas e conseguir protocolos específicos que poñan fin á lesbofobia en contextos escolares.
Reivindicamos espazos laborais seguros que nos permitan erradicar a lesbofobia, a discriminación, as actitudes sexistase a exclusión por motivos de orientación sexual, expresión e identidade de xénero.
Xuntanza da Comisión Técnica de Vacantes dos corpos de Secundaria para o CXT (9 de abril do 2019)
A Consellería presenta un documento coas vacantes despois de revisar as reclamacións presentadas e as achegas feitas polas organizacións sindicais.
Novo permiso para a outra persoa proxenitora, modificación do permiso de lactación.
O artigo 3 do Real decreto-lei 6/2019, do 1 de marzo, de medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación modifica, entre outros, o apartado f) do artigo 48 e os apartados a), b), c) e d) do artigo 49 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro polo que e modifican os permisos de lactación, da nai biolóxica e da outra persoa proxenitora.
Orde Selección Direccións Centros Públicos
Prazo de presentación de proxectos: ata o 24 de abril
ver ORDE
Orde de Titulacións para acceso ás listas de interinidades. Período de Exposición Pública
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre a información pública o proxecto de Orde pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións
Prazo de alegacións: ata o 16 de abril
As alegacións faranse a través do portal de transparencia
ver ORDE e ANEXOS
