Aberto o prazo para solicitar comisións de saúde propia ou dun familiar e comisións por conciliación

Apertura do prazo de inscrición para a 2ª edición de cursos de formación en liña do Profesorado 2021

O Ministerio de Educación e Formación Profesional, a través do INTEF, convoca 5.950 prazas na 2ª edición de cursos tutorizados de formación en liña para o profesorado. O prazo de inscrición comeza o 18 de maio e finaliza o 6 de xuño de 2021 (ambos incluídos).

‌  INSCRICIÓN: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/profesorado/profesorado-no-universitario/cursos-y-jornadas/formacion-en-red-profesorado.html

CCOO esixe o aumento das contratacións no sector educativo para garantir a presencialidade segura nas aulas

O sindicato pide que o vindeiro curso se garanta a presencialidade segura en todas as etapas educativas, respectando as medidas de seguridade e saúde, o que implica manter as contratacións realizadas como consecuencia da pandemia e aumentar o número de docentes nas etapas educativas que se impartiron nunha modalidade semipresencial. Isto suporía sobre 2000 postos de emprego en Galicia.

 

Fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2020 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se autorizan os criterios de repartición e convocatoria do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2020 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.